Proxecto solidario de recollida de tapóns “Yo colaboro por una sonrisa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A partir do martes 15 de outubro porá a disposición da cidadanía varios puntos de recollida de tapóns en diferentes edificios municipais. Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Ferrol, forma parte do proxecto “Yo colaboro por una sonrisa” posto en marcha por un grupo de mozos e mozas que organizan eventos de forma solidaria.

Esta acción solidaria permitirá recadar fondos para axudar a diferentes nenos e nenas a mellorar a súa saúde e calidade de vida. Os puntos de recollida de tapóns estarán dispoñibles nos seguintes edificios municipais: Casa Solidaria, situada na rúa Velázquez; Edificio Social, na rúa Sánchez Barcaiztegui; Centro Cívico de Caranza; Casa da Muller, situada na rúa Lugo; e Casa da Xuventude, en rúa Almendra.

15 de outubro de 2013 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.