Programa Plan Maior Seguridade en colaboración coa Garda Civil
O departamento de Servizos Sociais, en colaboración coa Garda Civil, organiza unha charla sobre seguridade cidadá para maiores do Concello de Boqueixón.
Falarase das medidas de protección a tomar na vía pública, domicilio, bancos, viaxes, internet… e darán a coñecer os modos máis “novidosos” de actuación dos delincuentes.
A charla será o 31 de outubro (xoves ) no local social de Sergude ás 17,30 e será impartida pola unidade de seguridade cidadá da garda civil.
Non é necesario confirmar asistencia. Para máis información no teléfono 981513106