Programa de actividades para os centros de ensino de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, xunto con diversos técnicos municipais, reuniuse esta mañá con directores/as e representantes dos centros de ensino da cidade.

A finalidade da reunión era darlle a coñecer as diferentes actividades que se van realizar durante o curso escolar, actividades programadas  por varios departamentos.

O amplo programa sobre o que se informou esta mañá inclúe actividades organizadas polas delegacións de Medio Ambiente, Deportes, Igualdade, Benestar Social, Educación, Cultura e Normalización Lingüística, e Sanidade.

Os representantes dos centros de ensino de primaria e secundaria, así como do centro de educación especial Infanta Helena, tomaron boa nota da oferta realizada desde o Concello e decidirán cales son as que lle resultan máis interesantes para a participación do seu alumnado.

10 de outubro de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.