Primeiro obradoiro de emprego na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O 25 de outubro dará comezo o 1º Obradoiro de Emprego da Cañiza que se desenvolverá durante 6 meses con 20 alumnos operarios para realizar diversas actuacións en instalacións e áreas municipais, como  reparacións e acondicionamento de fontes e lavadoiros, inicio dos traballos de construcción dun paseo polo marxe do regato do Regueiro no casco urbano ata a Casa de Cultura, acondicionamento do espazo verde que circunda o recinto do camping municipal, traballos de desbroce de zonas forestais e de construcción de xardíns en varios espazos municipais.

A inversión deste 1º taller de emprego ascende a 177.668,40 €uros financiados na súa totalidade pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Consta de dous módulos: albanelería e forestal-xardinería con Carlos Coya Padín e Teresa Varela Suárez como monitores, Adolfo Martínez Latorre como Director e José María García Velázquez como tutor, encargándose da secretaría Pilar Alvarez Sampayo.

Esta é a primeria vez que A Consellería de Benestar e Traballo da Xunta de Galicia lle concede A Cañiza  un Obradoiro de emprego.

23 de outubro de 2013 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.