Primeira convocatoria de adestramento da selección galega de fútbol sala sub-19

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o listado de convocados para os adestramentos da selección galega de fútbol sala sub-19 para a preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais. Mon Barreiro, segundo adestrador do Santiago Futsal, é por segundo ano o encargado de dirixir esta selección de novos xogadores, da man de Jorge Basanta, adestrador dos equipos xuvenís do club e axudante do primeiro equipo.

O primeiro adestramento terá lugar o próximo luns 28 de Outubro no PM de Santa Isabel ás 19 h, e dos 15 convocados, 4 pertencen ás filas do Santiago Futsal. Trátase dos porteiros Alberto Fernández e Gabi Capelo e os xogadores Samuel Fernández e Adrián Torres.

Lista de convocados:

VIGO 2015

Alejandro López Naveira

Ángel López Rodríguez

CARBALLIÑO FS

Aaron Dacosa Lorenzo

5 CORUÑA FS

Pablo Arcas Arias

Óscar López Lago

Juan Cruz Caropi Corral

Xian Seoane García

BURELA PESC RUBÉN

Helder Gonsalves Semedo

Renato Lopes Furtado

VILALBA F.S.

Ismael Vázquez Villares

SANTIAGO FUTSAL

Alberto Fernández Domínguez

Gabriel Capelo Folgoso

Samuel Fernández Vilas

Adrián Torres Giadás

BARVAL FS

Martín Rodríguez Neira

24 de outubro de 2013 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.