Preséntase en México a oferta de estudos universitarios galegos na feira internacional “Euro Posgraos”
A feira internacional “Euro Posgraos” que estes días se celebrou en México contou coa participación da Consellería de Cultura, Educación e O. Universitaria que presentou a oferta universitaria galega. Xunto á Consellería tamén estiveron representadas as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, convertendo a Galicia na única comunidade española que tivo presentes todas as institucións universitarias públicas. Nesta edición que se celebrou desde o 15 ata o 19 de outubro, de xeito itinerante nas cidades mexicanas de Puebla, León e Monterrey participaron máis de 50 universidades europeas sendo os países máis representados España, Alemaña, Francia e Holanda.
Durante esta semana o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro e a presidenta da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego, Patrocinio Morrondo así como representantes dos servizos de relacións internacionais das universidades de Santiago, Coruña e Vigo participaron activamente na celebración do “Euro Posgraos”.
Impulso das universidades galegas no estranxeiro
Cultura e Educación está apoiar e coordinar a participación das universidades galegas neste encontro, facilitando a súa presenza física no mesmo. “Euro Posgrao” trátase dun punto de encontro para avanzar na internacionalización do alumnado dos máster oficiais galegos, con acción como a captación de alumnado mexicano con excelentes cualificacións. O resultado da participación neste encontro desenvolvido en México poderase reflectir a través dun incremento do número de solicitantes de dito pais para cursar estudos de posgrao nunha universidade galega o vindeiro ano académico 2014-2015.
Euro posgrado
Durante o discorrer da feira comprobouse que o reducido prezo dos estudos universitarios en Galicia e a amplitude da oferta, xunto ao idioma son tres dos factores máis e mellor avaliados polos e polas estudantes que demandan información sobre universidades. Así España é o destino preferido do estudantado mexicano á hora de curso estudos de posgrado en Europa.
“Euro posgraos”, chegou este ano á décima edición celebrada en México, e ten como público obxectivo estudantes de nivel superior, académicos, empresas e universidades interesados e interesadas en informarse sobre as opcións de especialización académicas, en máster, doutorados, posdoutorado, en Europa. Este encontro celebrase no país azteca, Arxentina, Brasil, Colombia e Chile.











