Preséntase á veciñanza de San Xoán o proxecto de reurbanización das rúas Xuvia, Herbosa e Fontemoura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presentou hoxe aos veciños de San Xoán o proxecto de reurbanización das rúas Río Xubia, Herbosa e Fontemoura, compromiso asumido polo rexedor na anterior fase do Plan de Barrios e para o que se establece un prazo de execución de tres meses e un custe de 88.000 euros. Esta presentación tivo lugar na habitual visita que realiza o primeiro edil da cidade a cada un dos barrios con motivo da segunda fase do Plan de Barrios, programa que permite intensificar de maneira coordinada a actividade dos diferentes servizos municipais para responder ás peticións veciñais. Así, o rexedor tamén supervisou xunto cos representantes veciñais de San Xoán as actuacións acometidas esta semana polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello de Ferrol. No encontro de traballo tamén estiveron presente o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación, Guillermo Evia Pérez; e o concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro Muñoz.

O alcalde ferrolán sinalou que a necesidade de reurbanizar as rúas Río Xubia, Herbosa e Fontemoura “responde a un importante problema consecuencia de falta de mantemento durante anos”. O Goberno Municipal ten previsto adxudicar este ano o proxecto de reurbanización para que as obras estean executadas no primeiro trimestre do vindeiro ano 2014 . Rey Varela manifestou que “entendo as peticións dos veciños para o acondicionamento destas rúas, por iso dende o Concello temos que responder a elo”.

Outro dos temas abordados durante a visita foi a importante obra urbanística de Basanta para a que o Goberno Municipal compromete un investimento de 500.000 euros, que estará recollida nos presupostos municipal do ano 2014. O primeiro edil lembrou que xa foi aprobado na Xunta de Goberno Local de fai dúas semanas o proxecto inicial de expropiación de Basanta. Unha vez que sexan contratadas, estas obras teñen previsto un prazo de execución duns seis meses.

Actuacións de mellora e conservación

Por último, Rey Varela repasou as actuacións de mellora e mantemento levadas a cabo en materia de viarios, limpeza, pintado e sinalización, iluminación, abastecemento de auga, zonas verdes e parques infantís. Estas actuacións que atenden as demandas feitas polos propios veciños/as da zona de San Xoán ascenden a máis de 42.000 euros e as máis destacadas son as seguintes:

– Un total de 53 tramos de reparación de beirarrúas nas rúas Río Porto, Caballo Blanco, e Camiño Basanta.

– Roce e chapeo en toda a zona, con especial atención ao Parque de Pedro Padrón, Plaza Toxos e Froles, Bertón, Espiño, e Solares de Río Xubia.

– Limpeza e lavado de papeleiras e contedores, así como reparación dos mesmos.

– Pintado e sinalizado dun total de 2.072,2 metros lineais de liñas continuas e descontinuas. Ademais do trazado de 58 sinais horizontais  e colocación de 2 sinais verticais de aparcamento.

– Substitución dun cadro de alumeado, sete difusores e dous báculos.

– Un total de 8.720 metros cadrados de limpeza e mantemento de zonas verdes e traballos de arboricultura en Río Xubia, Praza de Rosalía, rúa Cadaval, Praza de San Xoán e Pedro Padrón. Ademais da reposición de barrotes de bancos na Praza Toxos e Froles.

– Revisión de funcionamento e estado dos xogos nos parques infantís de Rosalía de Castro e rúa Pedro Padrón.

25 de outubro de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.