Posta en marcha dun obradoiro de orientación laboral para a mocidade ferrolá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude, que dirixe Verónica Casal Míguez, informou hoxe sobre o obradoiro de orientación laboral que forma parte do Programa Activa 2013, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. Esta acción formativa para a mocidade terá lugar o vindeiro 16 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Xuventude e terá unha duración de dúas horas.

O obradoiro de orientación laboral está dirixido a mozos e mozas entre 18 e 30 anos principalmente, aínda que os maiores de 30 poderán asistir pero non recibirán o diploma acreditativo. Os contidos que se tratarán nesta acción formativa son os seguintes: a mellora da empregabilidade, ferramentas para a busca de emprego, oportunidades en momentos de crise, o currículum e a entrevista de traballo.

Solicitudes para a inscrición

As persoas interesadas en participar neste obradoiro poderán formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a: ferrolxuventude@gmail.com , no que deberán incluír o seu nome, apelidos, idade, DNI e teléfono de contacto. O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro martes día 9 de outubro (incluído).

4 de outubro de 2013 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.