Pontevedra investíu máis de 5,2 millóns de euros no rural neste ano
O concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez fixo balance esta mañá do investimento que fixo o Concello de Pontevedra no rural no que vai de ano. Ascende a 5.281.000 euros “cifra moi elevada” que amosa que o rural é a peza capital do mandato do Goberno Local.
Demetrio Gómez explicou que todas as intervencións pasaron polo consenso dos Consellos parroquiais “polo que temos que felicitar o traballo feito por todos até o de agora” A modo de resume, Demetrio Gómez explicou que 1,5 millóns de euros foi de investimento para o saneamento do rural “que se fixo co criterio de ir pechando a rede co fin de que non queden vivendas soltas”. E as intervencións nos espazos públicos pretenden manter os cánones de calidade da zona urbana, aínda que respectando as características propias do rural, onde se comezou a traballar no calmado do tráfico.
O concelleiro coordinador do rural indicou que “somos conscientes de que aínda queda moito por facer, e estamos a traballar para que o ano que vén se manteña este investimento, ou incluso sexa maior”.











