“PechaKucha Night Ferrol” encherá a totalidade do teatro Jofre ferrolán
A nova edición do “PechaKucha Night Ferrol” chega este venres, día 25, ao Teatro Jofre cun cheo absoluto da sala. Este formato de presentación multidisciplinar, que xorde en 2003 na cidade de Tokyo, dará comezo ás 22:20 horas e forma parte da programación cultural do Concello de Ferrol.
Pechakucha Night distínguese polo seu formato 20×20, no que cada poñente dispón unicamente de 20 imaxes e 20 segundos para comentar cada unha delas, o que se traduce nun total de 6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida.











