Palas de Rei inicia as melloras na rede de saneamento das rúas e vias do núcleo urbano
O Concello de Palas de Rei invertirá preto de 250.000 €uros en melloras das rúas e vías urbanas en Palas de Rei. O Concello comenzou as obras na rúa Antas de Ulla e na Rúa Monterroso e rematou xa os accesos á ampliación do novo cementerio. A entidade local mellorará asimismo a rede de saneamento de augas residuais nas localidades palenses de Lalín e Gestar donde se ampliarán os colectores de auga residual e renovaranse os pozos de alcantarillado.
Estas obras significarán importantes melloras no casco urbán de Palas de Rei e darán cumprimento a unha importante demanda, tanto de veciños da Rúa Antas de Ulla, como polos veciños afectados polos problemas de saneamento de Lalín e Gestrar. Para estas actuacións a entidade local palense firmou sendos convenios; coa Consellería de Medio Ambiente que se traduce na execución da rúa Antas de Ulla, máis os accesos o novo cementerio da vila; e coa Consellería de Industria para a urbanización da rúa Monterroso; a máis da aportación que o Concello de Palas adica a realización da obras nas zonas palenses de Lalín e Gestrar.
Con estas melloras o ente local palense agarda unha mellora da estética, da funcionalidade e do saneamento na rede de rúas e vías no caso urbán da vila de Palas de Rei que darán convertura a máis de 400 persoas residentes nas zonas beneficiadas polas melloras.











