Ourense ten unha cita coa música de Cámara os primeiros xoves de cada mes
Tras un exitoso primeiro concerto o pasado 3 de outubro, Ourense dalle a benvida a un nova tempada de Música de Cámara. Esta mañá presentouse Enclave de Cámara, un ciclo que procura manter a calidade, e mellorar algún aspecto a tenor da gran acollida que ten este estilo musical nos últimos anos.
Como viña sendo habitual, os primeiro xoves de cada mes mantéñense como data de referencia para a celebración das actuacións, que comezarán a partir das 20.30 h. Nesta nova etapa, o Teatro Principal será o espazo que acolla os concertos. Un espazo ao que poden achegarse máis persoas pola súa capacidade e a súa centralidade. Outras das novidades serán as colaboracións co Conservatorio de Música, onde se levarán aos artistas a que ofrezan concertos didácticos para o alumnado.
Enclave de Cámara terá concertos ata o mes de xuño, coa salvedade do primeiro xoves de marzo, xa que nesas datas celebrarase o Festival Pórtico do Paraíso. Polo tanto son sete actuacións de artistas do noso país – Dúo Sanabria Dapena -, e outros como Italia, Francia, Austria e Portugal, de onde son tres agrupacións.











