Ourense amplía os horarios dos cemiterios e reforza o servizo de autobuses para o Día de Tódolos Santos e Fieis Defuntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Con motivo da celebración dos días de Tódolos Santos e Fieis Defuntos, o Concello de Ourense ampliará o horario de apertura ao público dos cemiterios municipais durante a próxima fin de semana. Tamén se reforzará o servizo de transporte urbano, coa incorporación de dúas liñas especiais de autobuses, con saída dende a Estación de Autobuses e O Vinteún, ata os cemiterios de Santa Mariña, con parada previa no de San Francisco.

Os tres cemiterios municipais (Santa Mariña, San Francisco e As Caldas) abrirán os días 1, 2 e 3 de novembro en horario ininterrumpido, entre as 9,00h e  as 19:30h (habitualmente o horario de fin de semana é de 9:00 a 13:00 e 16:00 a 19:30h).

En canto aos horarios de culto, dende o mércores, 31 de outubro ata o domingo, 3 de novembro, celebraranse misas na Igrexa do cemiterio municipal de Santa Mariña, tódolos días ás 12 h. e ás 17 h. A misa do día 2 de novembro ás 17:00h estará presidida polo Bispo de Ourense, Leonardo Lemos. O día 1, ao final da misa das 12,00 horas haberá un acto litúrxico na foxa común. Tamén o día 1 terá lugar a “Celebración da Palabra”, ás 16:00 horas no cemiterio das Caldas e ás 17:30 horas no camposanto de San Francisco.

Dúas liñas especiais de autobús

Para facilitar o desprazamento dos cidadáns aos cemiterios en transporte público, os días 31 de outubro, e 1 e 2 de novembro, reforzarase o servizo municipal con dous autobuses, con saída da estación e do O Vinteún en dirección ao cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no de San Francisco. Os horarios destas dúas liñas son os seguintes:

-Especial 1 “O Vinteún (6º Instituto) – Cemiterio de Santa Mariña)”:

Saídas do Vinteún (6º Instituto): 10:20 h., 12:15 h., 14:45, 16:30 h.

Saídas do Cemiterio de Santa Mariña: 11:30 h., 13:30 h., 15:30 h., 17:30 h.

-Especial 2 “Estación autobuses – Cemiterio de Santa Mariña”:  

Saídas da Estación de autobuses: 9:50 h., 11:30 h., 13:30 h., 15:30 h., 17:45 h.

Saída do Cemiterio de Santa Mariña: 10.30 h., 12:30 h., 14:30 h., 16:30 h., 18:30 h.

Estas dúas liñas se suman á liña convencional (11-A), que cubre o traxecto comprendido entre  Oira e Santa Mariña.

28 de outubro de 2013 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.