Ourense acolle o V Curso de prevención das adicións e promoción da saúde, sobre “Mocidade e condutas de risco”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense organiza o 5ª Curso de Prevención das adicións e promoción da saúde: “Mocidade e condutas de risco”, que se desenvolverá durante os meses de outubro e novembro, na Aula de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, 1.  O curso, que comezará o martes, 22 de outubro, ten como obxectivo afondar dende unha mirada positiva nos comportamentos de risco da mocidade, a súa identificación precoz e os desafíos que se formulan no seu afrontamento preventivo.

Está dirixido a persoas relacionadas co ámbito social educativo ou sanitario, monitores xuvenís deportivos ou de tempo libre e estudiantes relacionados co ámbito da promoción da saúde, cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa. Están inscritos un total de 37 alumnos.

Durante a nenez e a adolescencia aparecen e consolídanse patróns de gran trascendencia no resto da vida. Na mocidade inícianse e afiánzanse as condutas de risco, que non xorden casualmente senón porque se dan unha serie de circunstancias psico-socio-familiares e contextuais que afectan ao seu día a día e van configurando a súa identidade.

Condutas de risco

Entre os problemas máis comúns que sofren están as condutas aditivas, os problemas académicos, os problemas afectivos e emocionais, as condutas agresivas e as condutas sexuais de risco. Os factores de risco que poden explicalos son similares e con frecuencia relaciónanse. A  eles e aos factores de protección débense dirixir as intervencións preventivas, mais que aos problemas de conduta.

 O curso abordará 4 módulos, repartidos en 14 sesións. Tras unha primeira parte sobre aspectos xerais, afondará nas condutas aditivas e outras condutas de risco (consumo de drogas, as novas adicións, condutas sexuais de risco e condutas de risco e saúde mental), a xestión dos riscos e oportunidades (destrezas sociais, a promoción da autonomía, a xestión emocional das oportunidades), e as accións e as propostas (intervencións preventivas coas TICs, casos prácticos e estratexias de prevención, propostas de promoción da saúde e conclusións)

19 de outubro de 2013 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.