Ourense acolle o “IV Trofeo a Carballeira” de Scalextric

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesOurense
A-
A+

A concelleira de Xuventude e Participación Cidadá, María Devesa, presentou esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Ourense, o IV Torneo a Carballeira de coches en pista eléctrica, popularmente coñecido coma Scalextric. O campianato, terá lugar mañá, sábado día 26, no Clube Ourense Slot, sito na rúa Fernández Alonso, 2, no barrio da Carballeira. Todos aqueles e aquelas inteesados en participar poden formalizar a súa inscrición na web www.galiciaslot.com, e poderán participar nas diferentes categorías, un total de 8 modalidades: WRC, A-K, SNR, SNGT, N, Clásicos, Damas, Infantil.

As diferentes modalidades seguen o reglamento galego para este tipo de competicións e cada proba realizarase en 5 tramos de diferente lonxitude, a cal se establece segundo o número de voltas que se teñan que efectuar en cada tramo, ata un total de 3 voltas completas. Gañaá aquel que complete as 3 voltas dos 5 tramos nun tempo menor será o gañador. As verificacións dos coches que vaian a competir comezarán ás 15.00, e unha hora despois darase comezo á proba.

Campionato galego de Scalextric

O Clube Ourense Slot, presente na nosa cidade dende os anos 90, garante dende o ano 2005 a celebración dalgunha das probas e fases do Campionato galego de coches en pista eléctrica, na cidade de Ourense.

A pesar de que a denominación, “Slot” non é moi coñecida, trátase dunha afición moi arraigada de  carreiras de coches en pista eléctrica., popularizada dende hai moitos anos por la marca comercial Scalextric. Co tempo, pasou de ser un simple xoguete a convertirse en toda unha afición que move miles de persoas no mundo enteiro, e está conseguindo nestes anos un auxe inesperado.

25 de outubro de 2013 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.