OUFFescola trae a Ourense as proxeccións de “O apóstolo” e de “Katmandú”
A quinta edición do OUFFescola, que terá lugar do 18 ao 22 de novembro e que organiza o Concello de Ourense a través das súas concellerías de Cultura e Educación, en colaboración co Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), presentará importantes novidades para reforzar os obxetivos cos que naceu esta iniciativa: fomentar a criatividade audiovisual entre os escalares, impulsar o uso do idioma galego no ensino ou alimentar un espírito crítico entre os alumnos.
ACTIVIDADES OUFFescola 2013
1. Visita formativa a colexios. Dirixido ao primeiro ciclo de Secundaria.
O OUFF percorrerá os colexios durante os días 18, 21 e 22 de novembro coa fin de amosar curtametraxes do Certame de OUFF escola en edicións anteriores. O obxetivo é o de estimular a creación de proxectos audivisuais para futuras edicións. Os traballos que se proxectarán son os seguintes:
– Eu Falarei, 1º Premio de Secundaria 2012
– Pedrigree, 2ª Premio de Secundaria 2012
– Luz, 3ª Premio Secundaria 2012 e Premio do Público
2. Proxección de Katmandú, un espejo en el cielo (Icíar Bollaín, 2011).
Destinado a alumnado de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e ciclos superiores.
Baseada na historia da catalana Victòria Subirana, que estará presente na proxección, o filme narra o periplo dunha maestra que dedicou todos os seus esforzos a educar a os nenos máis desfavorecidos de Katmandú. Será o día 19 de novembro ás 11:00 horas no Auditorio Municipal.
3. Proxección d’O apóstolo (Fernando Cortizo, 2011). Para alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.
O mércores 20 de novembro ás 10:30 horas (Auditorio) proxectarase a primeira longametraxe de stop-motion con plastilina feita integramente en Galicia. O seu director, Fernando Cortizo, estará presente para explicar o proceso de produción da obra.











