Otilia Bermúdez presenta o seu segundo libro na Laracha

Presentación do libro
José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, recibiu hoxe no seu despacho a María Otilia Bermúdez, unha veciña do lugar de Curros, na parroquia de Soandres, que vén de editar o seu segundo libro, titulado Los mellizos inseparables.
Trátase dunha publicación de bolsillo dirixida ao público infantil na que se combina a narración, de xeito moi dinámico, do relato coa presenza de varias ilustracións que acompañan e enriquecen a historia.
Os exemplares xa están á venda nas librerías Pondal da Laracha e Brañas de Carballo.
María Otilia, autora do libro, regresou ao Concello da Laracha hai agora seis anos despois de pasar máis de media vida no Reino Unido. Nacida en 1966, licenciouse en Literatura e Estudo das Relixións pola Universidade Bath Spa 2n 1996. Poucos meses despois sufriu un grave problema de saúde e asegura que escribir, ademais de axudarlle a mellorar o coñecemento do idioma, está permitíndolle recuperar certas habilidades da súa vida diaria”.
En maio do ano pasado a autora publicara o seu primeiro libro, Historias de una vida, no que narraba unha serie de vivencias propias. A obra que presenta agora, Los mellizos inseparables, é diferente porque vai dirixida aos nenos e non é autobiográfica, aínda que asegura que “está inspirada na parroquia de Soandres”.
José Manuel López Varela valorou o traballo de María Otilia e felicitouna polo seu entusiasmo pola escritura, desaxándolle que se cumpran os obxectivos de vendas da publicación.











