Os veterinarios ourensáns conmemoran a festividade do seu patrón

Martínez na festividade do patrón dos veterinarios
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado dos xefes territoriais de Sanidade e Medio Rural e do Mar, participou este mediodía nos actos organizados polo Colexio Oficial de Veterinarios da provincia coincidindo coa festividades de San Francisco de Asís, patrón destes profesionais.Despois de asistiren a un acto relixioso, os veterinarios ourensáns participaron noutras actividades organizadas para esta xornada polo ente colexiado presidido por Juan José Gómez. Rogelio Martínez presidiu o acto de entrega de diplomas de colexiados de honra e insignias a dous veterinarios xubilados, Miguel Ángel González e Aquilino José Martín, en recoñecemento a súa traxectoria profesional.











