Os veciños de Nigrán entregan máis de 4.000 sinaturas en contra do vial de alta capacidade incluído no PXOM

Entrega das sinaturas
O colectivo de veciños e familais afectadas conseguiron reunir en menos de 3 semanas, 4446 apoios para solicitar ao Concello de Nigrán e á Xunta de Galicia a retirada do vial de alta capacidade incluído no plan xeral.
As firmas foron presentas como alegación ao PXOM de Nigrán que actualmente atópase en fase de exposición ao público, e en período de alegacións até o xoves de 3 de outubro.
Os veciños presentarán copia das sinaturas ante a Consellería de Medioambiente e infraestrctursa da Xunta de Galicia, para que se teña constancia do rexeitamento do trazado de cara aos futuros plans de estradas.











