Os veciños de Gondomar coñecen A Rioxa nunha viaxe organizada por Benestar Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Veciños de Gondomar na visita á Rioxa

Veciños de Gondomar na visita á Rioxa

Trinta e seis veciños e veciñas do municipio participaron esta semana nunha excursión a La Rioja, organizado pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar.

A viaxe, que deu comezo o pasado luns 21, chega ao seu final hoxe, día no que regresarán a Gondomar. O programa incluíu, ademais da estancia nun hotel de tres estrelas, desprazamentos e visitas a diferentes localidades da comunidade.

Durante os cinco días, estes veciños e veciños de Gondomar achegáronse ata o municipio de Carrión de los Condes onde puideron visitar a Igrexa Museo de Santiago e o Monasterio de San Zoilo, proseguiron por Nájera e Santo Domingo de la Calzada e realizaron visitas ás Bodegas Bilbaínas e ás catedrais de Calahorra e de Santa María de los Reyes de La Guardia. Finalmente, coñeceron Arnedo e Viana en Navarra e visitaron Logroño acompañados dun guía local.

25 de outubro de 2013 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.