Os veciños de Frades participan nun obradoiro sobre entrevistas de traballo

Participantes no obradoiro
Unha decea de veciños e veciñas de Frades participaron nun obradoiro teórico-práctico para mellorar a súa empregabilidade, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e coa colaboración do Concello de Frades. Durante algo máis de dúas horas, os veciños e veciñas de Frades analizaron ao detalle as entrevistas de traballo, parte fundamental no proceso selectivo de moitas empresas. Así, estes veciños aprenderon técnicas para preparar estas entrevistas, ademais de recibir consellos á hora de elaborar os seus currículos.
Este obradoiro gratuito forma parte do programa Activa 2013, que por terceiro ano consecutivo organia a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. Trátase de accións formativas no ámbito da educación non formal que teñen como obxectivo proporcionarlles aos mozos e mozas ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega, como é o caso da busca de traballo.











