Os triatletas Javier Gómez Noya e Uxío Abuín participarán na Copa do Mundo de Cozumel

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

Os galegos Javier Gómez Noya (Wild Wolf Cidade de Lugo) e Uxío Abuín (Tríatlon Ferrol) participarán o domingo 6 de outubro (5:00, hora española) na Copa do Mundo de Cozumel (México). Ambos os dous deportistas xa se atopan en México aclimatándose á altura.

Javi acude a Cozumel despois de tres vitorias consecutivas (a gran final das Series Mundiais en Londres, Pekín e Niza), polo que parte coma o gran favorito para facerse co triunfo, mentres que Uxío Abuín quere sumar máis puntos ITU. A pasada semana Abuín participou na Copa do Mundo de Alacante e non se atopou demasiado ben polo que finalizou no posto 23.

A proba de México celebrarase sobre a distancia sprint -750 m de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pe- e na mesma participarán importantísimos triatletas a nivel internacional. Ademais dos galegos, están inscritos deportistas coma Steffan Justus, Dimitry Polyanskiy e Crisanto Grajales.

3 de outubro de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.