“Os Sete Magníficos máis Un” traen a Neda a súa obra “Dous Pallasos en Máis Apuros”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

A Casa da Cultura acollerá este sábado, 19 de outubro, ás seis da tarde a obra “Dous Pallasos en Máis Apuros”. Unha proposta da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña. O prezo das entradas é dun euro para nenos e nenas e de dous para adultos e, dende este mércores, estarán á venda na propia Casa da Cultura.

Tras máis de cen representacións do seu anterior espectáculo “Dous Pallasos en Apuros”, “Os Sete Magníficos máis Un” presentan a súa nova producción clown “Dous Pallasos en Máis Apuros”. Creada polo director e dramaturgo arxentino Walter Velázquez e pola propia compañía e dirixida por Iván Prado a partires de farsas clásicas do mundo do circo, con “Dous Pallasos en Máis Apuros” a compañía volve a apostar pola recuperación e actualización de gags do paiaso tradi-cional.

Un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei recrean números cómicos a través das ferramentas habituais de “Os Sete Magníficos máis Un”: a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade do paiaso, a humildade do comediante e, sobre todo, a dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

15 de outubro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.