Os produtores de grelos de Ordes reúnense cara á constitución dunha cooperativa
Os produtores de grelos da comarca de Ordes mantiveron hoxe unha nova xuntanza no seu proceso de constitución dunha cooperativa. Unha cita á que acudiron 30 agricultores a quenes se lles dou conta dos distintos modelos de cooperativas nas que se poderían costituir.
Dende a Oficina de Fomento de Cooperativas da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, pertencente á Rede Eusumo, solicitóuselles a todos eles unha serie de datos relacionados co seu nivel de produción e extensión de terreos. Unha vez analizados estes datos daráselles conta das posibilidades e da rentabilidade que poderían chegar a obter no caso de constituirse como cooperativa. Entre as primeiras ventaxas que se barallan nese suposto están as de poder acadar un maior marxen de beneficios ante os intermediarios, así como os inconvintes derivados da estacionalidade na producción de grelos. Todo elo para acadar o obxetivo final que é o de poder vender a un maior prezo. Agárdase que aproximadamente nun prazo inferior a un mes se realice unha nova xuntanza na que poder concretar máis pormenorizadamente todos estes aspectos en base ás cifras aportadas hoxe.
Cada un dos asistentes tiveron a oportunidade de amosarlle as súas preocupacións e dúbidas ás distintas persoas que participaron no encontro. Entre eles atopábanse a tenente de alcalde do Concello de Ordes, Silvia Marín, quen lles brindou todo o seu apoio para acadar os resultados máis beneficiosos. Tamén estivieron presentes o edil de Medio Ambiente, Luis Gómez, ademais de técnicos de AGACA, da Cooperativa Comarcal de Ordes e da Cooperativa Pico Sacro.











