Os poetas premian ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibirá mañá sábado, 5 de outubro, ás 19.00 horas, o premio que os integrantes do Círculo Poético Orensano acordaron conceder ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense polo apoio e colaboración que esta institución lles ven prestando dende a súa creación. A entrega de premios terá lugar nas propias instalacións do centro cultural, dentro do acto “El cantautor y la poesía”, que se enmarca no IV Encontro Internacional de Poesía que se celebra en Ourense e no que participará tamén o músico Emilio Rúa.

Xunto coa música, haberá un recital poético onde se escoitarán as voces dos integrantes do Grupo Cero de poesía de Madrid e dos poetas Jaime Kozak (Alemania), Africa Salgado Beceiro (España), Carla Ribeiro (Portugal), Francisco J. Picón (España), Rocio Noriega Rivero (México), Pablo J. Chelmick (Alemania) e Cristina Ramos (Portugal). Completan o elenco poético os integrantes do Círculo e os escolares de primaria premiados polos organizadores.

4 de outubro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.