publicidade hoxe

Os mercados, a carreira de burros, os coches clásicos e os xogos infantís reúnen centos de persoas en Abegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoLocalLocal Portada
A-
A+
Carreira de burros en Abegondo

Carreira de burros en Abegondo

Centos de persoas de desprazaron ata o campo da feira de Abegondo para gozar dunha completa xornada de eventos programados polo Concello, aproveitando a feira tradicional do mes.

O primeiro mercado agroalimentario reuniu a emprendedores agropecuarios do ámbito, que contaron cun espazo para dar a coñecer os seus produtos. Mazás, tomates, leitugas, feixóns e un longo etcétera de produtos de agricultura ecolóxica copaban os postos. Tamén as queixeiras de Abegondo, con carácter artesanal, ou cultivadores de lúpulo dispuxeron do seu espazo. Non faltaban tampouco as producións de mel ou os ovos.

O obxectivo deste mercado consistía en promover o traballo dos emprendedores da zona, de carácter agropecuario, como unha forma nova de comercialización en circuítos curtos que pode supoñer unha oportunidade de desenvolvemento económico.

O denominador común destes produtos ofrecidos no mercado agroalimentario é a calidade e o traballo artesán. Estas son as características que demandará a futura marca de calidade da reserva de biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O primeiro mercado de segunda man e troco discorreu en paralelo, organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos. Unha trintena de postos conformaron o espazo, un grande éxito para esta primeira edición.

Púidose encontrar de todo neste mercado. Roupa, discos de vinilo, xogos antigos, mobles, libros, cadros, figuras e un longo etcétera compoñían a oferta. Chamaron especialmente a atención unha antiga bicicleta estática ou unha balanza de pé.

A parte máis lúdica correu a cargo a Carreira de Burros, que alcanzou este ano o seu segunda edición. Con catorce participantes e grande expectación de público, Sergio con a burra Narcisa resultou o vencedor.

O segundo lugar foi para Rubén co burro Prateiro e o terceiro, para David con Prateira. Tamén se puido gozar no campo da feira dunha Concentración de Vehículos Clásicos, con máis dunha vintena, organizada por Automóbil Club de Galicia. Destacaron modelos de Rolls Royce, Chrysler e ata unha antiga unidade de policía de California. Os máis pequenos tiveron actividades só para eles. O Festival Internacional de Títeres do Consorcio As Mariñas ofreceu a representación de “Pequena Lúa”.

O Concello organizará ademais diferentes talleres. A Escola Municipal de Música de Abegondo, co grupo de gaitas, amenizou a xornada.

14 de outubro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.