Os mellores regatistas de 420, cara a cara na semana do Atlántico Cidade de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo traballa arreo na Semana do Atlántico Cidade de Vigo XXXVIII Trofeo Martín Barreiro, unha das citas máis importante da vela lixeira europea que dará comezo o próximo venres, día 25 de outubro.

Neste primeiro ciclo deportivo, a frota de 420 será unha das protagonistas e é que a regata do Real Club Náutico de Vigo servirá para formar o equipo que representará a Galicia nas probas máis importantes de España.

Os galegos, os máis fortes

Os regatistas do L.C. Vilagarcía Pedro Martínez e Luis Bugallo soan como favoritos ao título final. Os vigueses, actuais campións de España de 420, enfrontaranse novamente aos seus compañeiros de club Adrián Domínguez e Calixto Abalo, segundos galegos na cita nacional.

As regatistas do Real Club Náutico de Vigo Patricia Suárez e Piar Amaro son serias aspirantes ao título final en categoría feminina mentres que Alicia Ávila e Carmen Martínez, do R.C.N. Portosín, soan con forza ao título xuvenil.

A frota portuguesa presenta as súas opcións

Como vén sendo habitual, a frota portuguesa de 420 se envorcou con esta nova edición da Semana do Atlántico Cidade de Vigo e ata a cidade galega se desprazarán representantes do C.V. Viana do Castelo, C.V. Atlántico, C.N. Portimao e S.C. Porto.

23 de outubro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.