Os Concertos en familia pechan cun singular concerto para bebés
O Pazo da Cultura acolle este domingo, 27 de outubro, o último dos Concertos en familia programados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro. Este proxecto que chega este ano á súa cuarta edición, contos e historias (non sempre para nenos/as pero si adaptadas a eles) cobran vida para facer gozar ás familias e especialmente ao complicado público infantil.
A última convocatoria dos Concertos en familia é un concerto para bebés de Paulo Lameiro. Ao ter aforo limitado, contará con dúas sesións matinais ás 11:00 e ás 12:00 horas, ademais da vespertina ás 18.30 horas. Todas elas no Pazo da Cultura. Este concerto para bebés é unha experiencia inigualable conducida polo músico portugués Paulo Lameiro na que os bebés ábrense por primeira vez á música nun ambiente moi especial, entre almofadas de cores, sons novos e chamativos para eles, acompañados da animación que invita á permanente participación e interactuación entre país e bebés.
Trátase dun coidado espectáculo polo que recibíu recentemente en Alemania o premio YEAH (YOUNG EARopean Award) na categoría de innovación. As entradas estarán á venda en www.servinova.com e 902 504 500 a un prezo de 5€ (3 € para menores, estudantes, parados e xubilados) e na billeteira do Pazo da Cultura (2h. antes) do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse. O concerto para bebés, con aforo limitado a 70 prazas, venderase únicamente en pack de 1 adulto + 1 bebé a un prezo de 12€.











