Os comerciantes de Agra-Barcelona presentan as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Instante da reunión

Instante da reunión

O presidente da asociación de comerciantes Agra-Barcelona, José Manuel Castro, mantivo un encontro coa delegada territorial da Xunta na Coruña na que abordaron diversos asuntos de interese para a entidade. No encontro, o portavoz da asociación trasladoulle a preocupación tanto dos comerciantes como dos veciños pola actividade dun dos negocios do contorno e polos prexuízos que lles está a causar na zona. Neste senso, Do Campo deu conta de todas as xestións e labores que no ámbito das súas competencias está a levar a cabo a Xunta de Galicia no último ano para atallar esta problemática, con accións coordinadas desde os departamentos de Turismo, Sanidade e Benestar.

Na mesma liña, a delegada territorial comprometeuse a intensificar o diálogo e a cooperación co resto de administracións co fin de dar solución aos problemas denunciados por veciños e comerciantes da rúa Barcelona.

2 de outubro de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.