Os clubs de fútbol da zona norte de Pontevedra tiveron unha xuntanza coa Deputación co presidente da Deputación

Xuntanza cos clubs da zona norte de Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse con representantes dos clubs de fútbol da zona norte de Pontevedra, xunto ás deputadas provinciais Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez.
Na xuntanza analizáronse varias cuestións referidas ás axudas prestadas durante a pasada temporada 2012-2013 a estes clubs de fútbol, con partidas para mobiliario de vestiario, dotación de céspede, desfibriladores, etc. Ademais, os asistentes trasladaron as súas dúbidas sobre as infraestruturas e os problemas cos que se atopan en canto ó mantemento das instalacións, para tratar de atopar solucións.
Rafael Louzán tamén sinalou que terá lugar un acto homenaxe ás persoas que se dedicaron en corpo e alma ó club, nunha noite especial cara ó mes de decembro; xa se recibiron 34 candidaturas e aínda se poden presentar ata o 30 de outubro.











