Ordes acolle o primeiro programa de formación e autoabastecemento agrícola Sementeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Preto de 20 veciños e veciñas da comarca de Ordes forman parte dun novo programa de inserción social e laboral denominado Sementeira. Todos eles recibirán formación, tanto teórica como práctica, sobre agricultura ecolóxica por parte de persoal e docentes especializados na materia. Un curso cunha duración de 52 horas que rematará a finais deste mes de outubro para posteriormente comenzar unha segunda fase consistente en explotar unha pequena parcela ubicada na vila de Ordes.

A orixen desta iniciativa xurde de Cáritas Ordes tras observar o incremento de usuarios dos seus servizos e o cambio no perfil destes, ao tratarse de persoas que ata fai pouco gozaban dun traballo estable que a día de hoxe xa non contan con ningún tipo de subsidio. De ahí que se emprenda este proxecto cuxos principais obxetivos son: a creación dun banco de terras destinado ao cultivo para autoconsumo, a elaboración dun plan de formación enfocado ao sector agroalimentario e por último a creación dunha bolsa de emprego.

Algúns dos aspectos que se tratarán serán a producción industrial e os seus problemas, a importancia dos coñecementos tradicionais dentro da labor agrogandeira, os elementos necesarios para o cultivo dunha horta ecolóxica, o seu deseño, a súa planificación, a elaboración dunha axenda ou calendario de cultivo, elección de cultivos, a terra e a labra, as características idóneas para os distintos tipos de cultivos, realización da labra, tarefas de preparación da horta e as labores de mantemento , os espazos de cultivo e a realización e elaboración de bancais de cultivos, as infraestruturas e apoio á producción, a maquinaria e apeiros de labranza, os sistemas de rega , fertilizantes, o compost ou os problemas fúnxicos   ou de pragas.

O proxecto Sementeira está organizado por Cáritas Ordes, o Departamento de Servicios Sociais do Concello de Ordes e a Mancomunidade de Ordes. Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Asdecomor e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.

3 de outubro de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.