Obras no Camiño do Río Rons, na parroquia de San Vicente de Cerponzóns
Esta mañá comezaron os traballos de reparación integral do pavimento do camiño do río Rons (ou pista da Valea) na parroquia de San Vicente de Cerponzóns. Trátase dunha obra que ten un custe moi importante, perto dos 100.000 euros, dado que é o tratamento integral dun dos accesos principais á parroquia de San Vicente, moi transitado por unha grande porcentaxe de veciños.
A obra consiste no tratamento en superfice, levantamento de varios muros que caíron a consecuencia do pasado inverno, canalización de pluviais e outros detalles que completarán a urbanización da estrada.
Trátase dunha das peticións aprobadas no Consello parroquia de San Vicente de Cerponzóns, que estará rematada nos vindeiros días.











