Obras en Loureiro Crespo e futuro estacionamento disuasorio de Xoán Carlos I

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará mantén esta tarde unha reunión coa asociación de veciños Pontevedra Leste e os  comerciantes de Loureiro Crespo para abordar dous proxectos que comezarán moi pronto no barrio: o asfaltado e eliminación de barreiras e mellora da seguranza viaira en Loureiro Crespo, e o acondicionamento do novo estacionamento disuasorio en Xoán Carlos I.

Ao respecto das obras en Loureiro Crespo, o concelleiro informará que a vindeira semana comezarán os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas coa reación de dalgunha orella e rebaixes de beirarrúas, así como a instalación de elementos de seguranza viaria na rúa, a partir de Casimiro Gómeza até a avenida de Lugo. Estas obras rematarán co asfaltado da rúa, xa que o firme atópase nun evidente deterioro. O investimento nestas obras é de 54.000 euros.

Ao respecto do estacionamento disuasorio previsto na parcela que fora cedida a Educación para a construcción do centro do Carlos Oroza, o concelleiro tamén informará que as obras de acondicionamento comezarán a vindeira semana, para que estea operativa o máis pronto posible debido ás necesidades que existen na zona. No barrio está o centro de saúde da Parda, o IES Sagrado Corazón e o Conservatorio de Música, ademais dos xulgados que se atopan moi próximos.

28 de outubro de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.