Obras en Caldas de Reis de servizos e aforro enerxético
A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa Xunta de Goberno, obras de servizos e de aforro enerxético nas rúas Dolores Mosquera, Juan Fuentes, Río Bermaña e San Roque de Caldas de Reis.
Os traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, adxudicáronse á empresa Setga por 60.000 euros. Estas obras consistirán na subministración e colocación de módulos de 24 LEDS e na adaptación dos cadros de medida, mando e protección, condutores de alimentación e tomas de terra.











