Obras de ampliación na rede de abastecemento en Pazos
Comezan as obras de ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Pazos, entre Vimieiro e o Cemiterio. As obras, a cargo do Plan de Obras e Servizos 2013, teñen un presuposto de 31.000 euros e están sendo executados pola empresa Esteban Seoane. A cargo do POS 2013, tamén se executaron obras de mellora de viais en Corme-Aldea e Langueirón, xa rematadas.
3 de outubro de 2013 | 18:40 • Sen comentarios