Obradoiro de Samaín e conta contos na Biblioteca Municipal de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Dentro do programa de actividades organizado pola concellería de Educación e Cultura para os rapaces e rapazas, este xoves día 31 levarase a cabo unha nova sesión de conta contos e un obradoiro na Biblioteca Municipal.

Coincidindo coa celebración do Samaín, ás 11:30 h. na Biblioteca Municipal, haberá conta contos e un obradoiro de decoración de cabazas.

Baixo o epígrafe “Déixame que che conte”, e entre os meses de outubro e abril, desenvolveranse obradoiros variados e conta contos para nenos e nenas.

A primeira destas actividades realizouse o xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, coa  actuación dun conta contos que congregou a numerosos rapaces e rapazas.

Desde a delegación de Educación e Cultura facilitouse información sobre estas actividades ós centros educativos. Os rapaces e rapazas que desexen participar só teñen que achegarse pola Biblioteca Municipal un pouco antes do horario sinalado para o comezo de cada actividade.

As actividades están organizadas polo concello de Monforte e contan co patrocinio da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Imaxinatia, unha empresa monfortina de recente creación, é a encargada de dirixilas.

Tódalas actividades levaranse a cabo na Biblioteca Municipal, ás seis da tarde os días lectivos e ás once e media da mañá os días nos que os rapaces e rapazas están de vacacións ou teñen festa.

30 de outubro de 2013 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.