Obradoiro, contacontos e unha nova edición do concurso de fotografia “Lendo na casa” no Día da Biblioteca de Tui
Este xoves, 24 de outubro, celébrase o “Día da Biblioteca” e dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui se ten organizado un programa de actividades para conmemorar esta data que pretende resaltar o importante papel dos centros bibliotecarios no acceso á cultura.
As actividades programadas abranguen:
Mércores 23 de outubro – 17,30 h.: Obradoiro “Anxo e os contos de aventura, fantasia e medo”
Xoves 24 de outubro – 17,30 horas: Contacontos: “A grila Camila” coa narradora tudense Silvia Capón e a ilustradora Patrizia Acebes











