publicidade hoxe

O viño bus da Ruta do Viño do Ribeiro continúa gañando adeptos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+
Percorrido dos participantes polos viñedos

Percorrido dos participantes polos viñedos

O viño bus da Ruta do Viño do Ribeiro está superando todas as previsións da propia organización, cada fin de semana aumenta número de persoas que se achegan a participar das diferentes actividades do programa Tempo de Vendima.

O sábado día 19,  o viño bus percorreu o Ribeiro do Miño, esta ruta está a espertar gran interese entre o público, xa que unha das paradas obrigatoriasnesta ruta é a igrexa de Santa María de Castrelo de Miño. Participar no viño bus é una ocasión  para visitar o interior destaxoia do patrimonio histórico do Ribeiro.

O domingo día 20 o grupo puido visitar o Ribeiro do Avia. Nesta ocasión a Cooperativa de San Roque de Beadeofreceu una visita guiada e degustación das diferentes marcas que esta adega está comercializando e cuiacalidade está sendorecoñecida con varios premios.

Finalizada a visita os participantes disfrutaron do túnel  do viño preparado para a ocasión naIgrexa da Madalena de Ribadavia, onde degustaron diferentes marcas das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro. Finalmente o programa se completoucunxantar de vendima, no Concello de Castrelo de Miño. O menú ofrecido incluiu o tradicional polbo a feira e carne aocaldeiro, acompañados conviño do Ribeiro branco e tinto.  Durante toda a xornada contamos coa participación do Presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, Miguel Angel Viso Diéguez-

O público valoroumoi positivamente a experiencia e manifestaron o seudesexo de volver participar neste tipo de propostas.

Dende a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, e debido ao éxito do programa Tempo de Vendima, estuda ampliar as actividades ate o próximo fin de semana.

O programa Tempo de Vendima conta coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia e o seu éxito se debe en gran medida á implicación dos socios da Ruta do Viño do Ribeiro que manifestaron dende o principio o seu compromiso coas proposta.

21 de outubro de 2013 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.