O venres, partido importante para o Azkar en Zaragoza
Tras unha semana con tres partidos de liga, o Azkar Lugo FS volve afrontar semana de competición cun único partido, o que lle enfrontará este próximo venres (21:00 horas – Pavillón Siglo XXI) que lle enfrontará ao Umacón Zaragoza. Os lucenses regresaron no día de hoxe con dobre sesión de adestramento e así comezaron a preparar un partido importante como será o que lle enfronte ao equipo maño posto que os galegos superan aos aragoneses nun punto tras as sete primeiras xornadas ligueiras.
Neste inicio de semana, a única baixa séguea protagonizando o canterano Cospe por lesión. O resto de xogadores comezaron a preparar o choque ás ordes do corpo técnico.
Horarios de adestramentos:
Luns 21:
12:00 horas: sesión física e de ximnasio (Centro Deportivo Terra).
19:00 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).
Martes 22:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Mércores 23:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Xoves 24:
10:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
12:00 horas: saída cara a Zaragoza (Municipal).
Venres 25:
11:30 horas: sesión técnico-táctica (Pavillón Século XXI).
Sábado 26:
Descanso.
Domingo 27:
Descanso.











