O Teatro Principal de Ourense acolle un concerto de música de cámara
O Teatro Principal será testemuña mañá dun concerto de música de cámara organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Será a partir das 20.30 h e actuarán o pianista Iván Martín xunto ao violonchelista Iagoba Fanlo. As entradas teñen un prezo de entre 5 e 8 €.
A Concellería de Cultura trae a Ourense a Iván Martín, un dos pianistas que máis está dando que falar polo seu estilo a un tempo elegante e apaixonado, xunto ao violonchelista Iagoba Fanlo, que nos ofrecerán unha viaxe musical polo barroco e o romanticismo.
O concerto ten unha duración de 1 h e 30 minutos, e consta de dúas partes. Unha primeira na que interpretarán pezas de Pau Casals, Agustín Rubio, Isaac Albéniz e Gaspar Cassadó, e unha segunda parte con pezas de Ludwing van Beethoven e Claude Debussy. As entradas pódense adquirir desde hoxe no Teatro Principal.











