O teatro infantil regresa ao Auditorio Municipal de Ourense
A programación infantil volve ao Auditorio Municipal este domingo día 6 a partir das 12.00 h. Será coa obra Laia, aprendiz de maga, unha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo, se pode conseguir aquilo que realmente desexamos.
A obra trata das relacións entre avós e netos, desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de 7 anos. Un espectáculo que mestura Teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación do público. Ten un prezo de 3 €.











