O Santiago Futsal xa se prepara para recibir o Xaén

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Santiago Futsal comezou a preparar o seu próximo compromiso ligueiro esta mañá, tras lograr os tres puntos ante Colexios Areas Gran Canaria o pasado venres e sumar 14 puntos cos que conserva a quinta praza na clasificación.

Os santiagueses recibirán ao Xaén Paraíso Interior o venres día 1 de Novembro ás 18 h no Multiúsos Fontes do Sar, nunha semana sen tregua na que sen apenas descanso terán que continuar coa súa preparación para afrontar dous partidos máis a semana que vén correspondentes aos décimo sextos de final da Copa do Rei ante Segovia Futsal o mércores 6 e á décima xornada de liga ante inter Movistar o venres 8.

O seu rival deste venres, o recén ascendido Xaén Paraíso Interior chega a esta xornada con 5 puntos e décimo segundo na táboa clasificatoria, e o Santiago Futsal buscará continuar coa súa condición de imbatido na súa cancha ante a súa afección.

Cabe recordar que Juanjo estará ausente nos adestramentos do Santiago Futsal por encontrarse concentrado coa selección española que disputa hoxe e mañá dous amigables ante Portugal para preparar o Europeo de Bélxica 2014. Por iso, os porteiros xuvenís Gabi e Alberto alternarán esta semana os adestramentos co primeiro equipo.

As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club aos prezos habituais de 10 € para adultos e 1 € para menores de 13 anos, continuando a oferta para subscritores, que poderán retirar ata 2 entradas para este partido por 5 € cada unha (oferta só válida para venda anticipada ata Xoves ás 20 h). Ademais, todos aqueles que presenten o cupón que encontrarán nas páxinas Del correo Gallego do pasado venres e de hoxe luns, terán un desconto de 10 € no seu carné de subscritor da tempada.

Plan de traballo da semana

Luns 28 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Martes 29 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 30 de Outubro:
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 31 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Venres 1 de Novembro:
18 h – Multiúsos Fontes do Sar – J9. Santiago Futsal vs Xaén Paraíso Interior

28 de outubro de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.