O Santiago Futsal volve aos adestramentos para preparar o partido ante Gran Canaria
O Santiago Futsal volveu esta mañá aos adestramentos para preparar a oitava xornada de liga tras gozar de 4 días de descanso por coincidir a xornada 7 de descanso para os santiagueses. Tras a súa primeira derrota en liga ante Montesinos Jumilla o pasado mércores e a pesar da xornada de descanso, o Santiago Futsal conserva a quinta praza nunha táboa clasificatoria moi apertada na que actualmente suma 11 puntos.
Este venres volverá xogar a domicilio na casa do último, o Colexios Areas Gran Canaria, que aínda non sumou ningún punto nesta liga e que buscará facelo ante un Santiago Futsal que quere conseguir a súa primeira vitoria fóra de casa. Ambos os dous equipos xa viron as caras esta tempada nas semifinais do I Desafío Star Center, torneo de presentación dos de Santi Valladares e que se saldou con vitoria por 3-2 para os santiagueses.
No plano médico, cabe destacar que Hamza se encontra na última fase de adaptación e está a iniciar progresivamente o traballo co grupo, tras a lesión que sufriu o pasado mes de Xullo.
Plan de traballo da semana
Luns 21 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Martes 22 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 23 de Outubro:
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 24 de Outubro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
22 h – Aeroporto de Lavacolla – Saída cara a Las Palmas
Venres 25 de Outubro:
22 h – Centro Insular de Deportes – J8. Colexios Areas Gran Canaria vs Santiago Futsal
Sábado 26 de Outubro:
16,15h – Aeroporto de Las Palmas – Volta cara a Santiago
Domingo 27 de Outubro:
Descanso











