O Santiago Futsal recicla con Urbaser
Baixo o lema O Santiago Futsal recicla”, o club santiagués abre unha campaña de promoción de reciclaxe da man da empresa Urbaser, coa que levará a cabo diversas actividades de promoción da reciclaxe co fin de concienciar a xente da súa importancia.
Para iso, implantará un sistema de reciclaxe en todos os partidos do equipo na casa, así como nas oficinas do club e nas diferentes actividades que realice (Campus, visitas a colexios, etc). Tamén se realizarán concursos entre as mellores ideas para reciclar a través das redes sociais do club para lograr trasladar da forma máis amena posibles consellos para fomentar a reciclaxe. O club buscará dar exemplo sobre todo aos máis novos, posto que forman o groso da masa social do club e son o grupo de idade máis permeable á hora de asumir certas prácticas máis saudables e ecolóxicas.











