O Santiago Futsal organiza a “II Festa benéfica da familia” ante Xaén
Esta mañá presentouse no Concello de Santiago a “II Festa da familia” que se celebrará este venres 1 de Novembro, coincidindo co partido da novena xornada de liga que enfrontará a Santiago Futsal e Xaén Paraíso Interior, vivirase no Multiúsos Fontes do Sar a “II Festa da familia” en colaboración coa Concellería de Servicios Sociales, Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores, do Concello de Santiago.
A concelleira de servizos sociais, Dña. María Castelao e o presidente do Santiago Futsal, D. Ramón García, foron os encargados de presentar este acto, no que os afeccionados poderán gozar do mellor fútbol salga na mellor compañía a partir das 18h. Pero dende as 16,30h as portas do Multiúsos Fontes do Sar abrirán para que os máis pequenos poidan gozar con inchables, talleres de maquillaxe, sorteos e moitas sorpresas. Ademais, con motivo da festividade do “Samaín”, todos os afeccionados que acudan disfrazados, recibirán caramelos e gominolas cortesía de Pecados de Compostela.
Ademais, esta festa terá carácter benéfico en colaboración coa asociación “Xuntos Podemos”, coa que todos os afeccionados poderán colaborar traendo ao pavillón unha serie de produtos de necesidade para as ONG e asociacións compostelás coas que colabora o seguinte:
– Cueiros
– Pantalóns vaqueiros de home
– Compresas
– Produtos de primeira necesidade de bebés (cremas, leite, gasas, alcohol de 70º, biberones,…)
– Produtos de canastra
– Roupa nova de recén nacido
– Cadeiras de paseo de bebé de primeira e segunda idade
– Berces
– Chuvasqueiros novos de neno e nena (entre 3 e 14 anos)
– Alimentos de bebé e nenos (leite en po, potitos con caducidade alta,…)
– DESA (desfibrilador externo semiautomático)
Para completar a festa, continuarán os sorteos do descanso patrocinados por Star Center e Hotel Porta do Camiño, no que todos os afeccionados que acudan disfrazados ao partido poderán participar para gañar un dos premios.
Dña. María Castelao, explicou que “dende o Concello apoiamos un ano máis esta iniciativa que fomenta o ocio saudable e en familia para que todos os santiagueses acudan ao partido este venres a gozar do partido e pasar unha boa tarde en familia e cunha importante causa solidaria de fondo, colaborando coa asociación Juntos Podemos,”.
Pola súa banda, D. Ramón García apuntou que o obxectivo desta colaboración, non é outro que “fomentar a participación de todos os membros da familia neste evento. Dende o club espérase repetir o éxito do ano pasado onde case 3000 afeccionados gozaron da primeira edición desta festa do fútbol sala”.











