O Santiago Futsal márcase o “Obxectivo 1500”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Santiago Futsal desexa seguir sumando subscritores e tras alcanzar a cifra de 1234 subscritores, márcase o obxectivo de 1500 subscritores para a tempada 2013/2014. Con gran parte da tempada aínda por diante e grandes encontros aínda por disputar, o club santiagués quere implicar a todos os afeccionados composteláns neste proxecto cargado de ilusión e traballo. O grande inicio de tempada do equipo, fixo que a afección se convertese no sexto xogador nunha cancha á que cada vez máis afeccionados se animan a asistir.

Por iso, e coa axuda de El Correo Gallego, o venres 25 e o luns 28, dous dos días de máis tirada do ano deste xornal (o día despois da Gala de Premios Galegos do Ano e o día despois da 36ª Carreira Pedestre Popular de Santiago), os lectores do diario da capital de Galicia poderán recortar o cupón que encontrarán entre as páxinas do diario co que gozarán dun desconto de 10 € no seu carné de subscritor do Santiago Futsal desta tempada (desconto válido para os carnés de Adulto e Tarifa Reducida; o desconto será de 5 € para os carnés Xuvenil e Infantil).

Para beneficiarse deste gran desconto haberá que presentar o cupón recortado da páxina Del correo Gallego nas oficinas do club (abertas de Luns a Venres de 10 h a 14 h e de 17 h a 20 h). Os prezos (co cupón de desconto) dos carnés de subscritor son*:

Adulto: 65€
Tarifa Reducida (Carné Xove, Estudante menor de 25 anos, Parados de máis de 6 meses; Federados, Xogadores da ADVS, Xubilados de máis de 65 anos): 40€
Xuvenil: 20€
Infantil: 5€

23 de outubro de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.