O Santiago Futsal acada tres importantes puntos ante Ríos Renovables

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+
Unha xogada do partido

Unha xogada do partido

O Santiago Futsal sumou tres importantes puntos ante Ríos Renovables tras vencer 6-2. A pesar de comezar perdendo e tras unha primeira parte pouco afortunada para os santiagueses, na segunda os santiagueses saíron a por todas dándolle a volta ao marcador.

A primeira parte comezou con dominio dos de Pato, que apenas deixaron os santiagueses chegar á portaría contraria. Aos 7 minutos lograron poñerse por diante tras unha desafortunada acción na que David encaixou un gol en propia porta. Nos seguintes minutos, o Santiago intentouno sen fortuna, tendo Lucho unha ocasión ao poste e Barroso outra ocasión clara.

A segunda parte cambiou radicalmente e o Santiago cargouse as pilas collendo o control do partido. Pouco tardou en chegar o recital de goles. O primeiro foi de Barroso que empatou o partido tras un golazo e pouco despois Diego Quintela foi o encargado de avantaxar o equipo tras un gran control do balón. Co 2-1 chegou a primeira expulsión do partido tras unha labazada de Rubi a Hugo a 10 minutos do final. Na falta chegou o 3-1 tras unha xogada de estratexia que Barroso marcou. A 9 minutos do final, Lolo vestiuse de porteiro-xogador e na primeira acción, Barroso volveu marcar, esta vez dende a súa área, facendo un hat-trick. De novo dende a súa área, o Santiago volveu marcar, nesta ocasión David, poñendo o 5-1. Os de Tudela optaron por volver xogar sen porteiro-xogador e Roger recortou distancias no 35. Lolo volveu vestirse de porteiro-xogador e a menos de 4 minutos para o final, Palmas viu a segunda amarela, co que o Santiago volveu gozar de superioridade. Quintela e Barroso coceron o sexto gol, que finalmente anotou o de Arzúa para deleite dos espectadores. A xogada da terceira expulsión veu tras un adiantamento do meta Molina, que parou o balón fóra da área vendo o vermello directo, gozando o Santiago da súa última superioridade ata o final do partido.

Sala de prensa

Ao finalizar o partido, Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comentou que “na primeira parte nin as viamos e non fomos o que temos que ser. A partir da segunda apertamos o balón, roubamos en liñas do pase, puxémonos por diante e estivemos moi afortunados co porteiro-xogador, enchufando dous goles en apenas 2 minutos e aí o partido sentenciouse”.
Pola súa banda, Parrulo, adestrador do Ríos Renovables afirmou que o partido foi “aínda que o primeiro partido foi un partido foi ben, a segunda parte foi vergonzosa”.

Ficha do partido

Santiago Futsal: Juanjo, David, Barroso, Quintela e Lucho (cinco inicial), Chus, Palomeque, Pazos, Hugo, Eloy Rojas e Santi
Ríos Renovables Ribeira de Navarra: Molina, Lolo, Joselito, Rubi e Luisma (cinco inicial), David, Palmas, Andresito, Charlie, Roger, Zardoya.
Goles: 0-1 David pp (min 7), 1-1 Barroso (min 24), 2-1 Diego Quintela (min 30), 3-1 Barroso (min 31), 4-1 Barroso (min 31), 5-1 David (min 33), 5-2 Roger (min 35), 6-2 Quintela (min 38)
Árbitros: Cid Bragado e Pérez Álvarez do colexio galego e castelán-leonés
Amoestacións: Tarxeta amarela para Barroso, Lucho, Santi e Juanjo do Santiago Futsal, e para Lolo, Andresito, Joselito e Roger de Ríos Renovables. Expulsaron por dobre amarela a Palmas e con vermello directo a Rubi e a Molina.
Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada de liga, disputado no Multi usos Fontes do Sar ante máis de 1000 espectadores.

13 de outubro de 2013 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.