O Ribeiro participa nas actividades de degustación no Festival de Gastronomía de Santarém
O cociñeiro Flavio Morganti e o enólogo Pedro Gil serán os encargados de introducir os diversos pratos cos diferentes viños da Denominación
Hoxe, 31 de outubro, celébrase no 33º Festival Nacional de Gastronomía de Santarém (Portugal) o día de Galicia, polo que terán lugar diferentes actividades de degustación de produtos galegos e harmonías con viños da D.O. Ribeiro.
Pola tarde celebrarase un showcooking a cargo do chef Flavio Morganti no que o enólogo Pedro Gil será o encargado de presentar os diferentes viños da D.O. Ribeiro harmonizados con cada un dos pratos elaborados polo cociñeiro. Neste senso introduciranse diferentes perfís de viños da D.O. Ribeiro para degustar varios pratos baseados no pruduto galego de calidade.
Galicia como destino turístico-gastronómico
Así mesmo, tamén se presentará Galicia como destino turístico e gastronómico no festival, da man de Expourense xunto coa colaboración da Xunta de Galicia, Inorde, Concello de Ourense e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro.











