O recinto termal das Burgas reabre ao público tras rematados os traballos de mantemento
O centro termal das Burgas reabrirase ao público hoxe, mércores, día 30 de outubro, ás 17:00 horas, unha vez rematados os traballos de mantemento desenvoltos durante esta semana por parte do Concello.
As termas, de uso gratuíto, abren tódolos días da semana, agás os luns, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21:00.











