O proxecto “Cenetura, del cine a la literatura” acada un dos tres premios de Innovación Educativa SIMO Network 2013
A concelleira de educación, Alicia Martínez, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, diron a noraboa ao alumnos e alumnas e ao profesorado do centro que participou no proxecto “Cenetura, del cine a la literatura”, por acadaren se un dos tres finalistas dos premios de Innovación Educativa SIMO Network 2013 do programa eTwinning.
Cinetura: de cine a literatura, proxecto desenvolvido durante o curso 2012-2013 no IES de POIO polo departamento de Latín e Grego coa colaboración da Biblioteca do centro e no que traballou alumnado de 1º de bacharelato foi un dos tres finalistas dos Premios de Innovación Educativa SIMO Network 2013 na categoría de “Mejor Proyecto Colaborativo y Cooperativo”.
O proxecto foi un traballo colaborativo entre tres países europeos, no seno da plataforma eTwinning.
O programa eTwinning está integrado no Programa de Aprendizaxe Permanente como medida de acompañamento do programa Comenius e facilita os proxectos de colaboración escolar en Europa.
No proxecto participaron o IES de Poio, o Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno, Eslovaquia e o Liceo Statale Niccolò Machiavelli, de Roma.











